XORNADA DURA PARA NOIA E BOIRO NA TERCEIRA RFEF

O CF Noia volveu da Coruña cun 2 a 2 con sabor a derrota. O Campo da Grela 1 acollía un partido entre Silva e Noia no que os de Iván Carril esperan saír con 3 puntos para manterse na zona alta da táboa e poder certificar a permanencia.

Os plans non saíron como esperaban e aos cinco minutos os locais conseguiron adiantarse cun tanto de Antón Garda. Non tardou en moverse o marcador grazas aos axustes do Noia, e só cinco minutos despois Hugo Losada puxo as táboas co 1 a 1.

Grazas ao empate os visitantes viñéronse arriba, facendo que o Silva tivera que replegarse. Dende ese momento os protagonistas foron os dous porteiros con grandes intervencións.

Ao pouco de reanudarse o xogo o Noia atopouse cun penalti a favor que se encargou de enviar ao fondo da rede Hugo Losada para firmar o seu dobrete particular.

Coa vitoria no peto e ordenados no campo, os xogadores noieses asumiron o resto do partido con entereza para volver á casa cos tres puntos. O encontro parecía xa rematado cando un centro de Rodrigo Alonso dende dereita tocou nun defensa visitante para acabar entrando na propia meta.

2 a 2 e de volta para Noia. Un punto que sabe a pouco para os de Iván Carril e que os sitúa na sétima posición.

Salir de la versión móvil