Este é o estado do campo da Mina nos días de choiva. O feudo do Sporting Lampón conta con máis de sesenta anos de antigüidade e unhas instalacións que para Concello e club precisaban dunha mellora.
A primeira delas será a instalación de céspede artificial para substituír á terra actual que tantos problemas dá ao equipo nos días chuviosos. O Campo da Mina sumarase así á ampla nómina de instalacións en Boiro para a práctica do fútbol sobre céspede artifical.