O centro de saúde de Ribeira acollerá dende o vindeiro xoves concentracións veciñais esixindo maior número de médicos. Así o decidiu a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza nunha asemblea aberta na que se tratou a situación da atención primaria na vila.
Dende o colectivo sanitario afirman que hai preto de 4000 veciños recibindo un servizo insuficiente ao non dispor do seu médico de cabeceira.