O Concello da Pobra do Caramiñal lanza a súa sexta campaña de compostaxe doméstica, iniciativa que naceu no 2019. Neste tempo instaláronse 217 composteiros no rural pobrense e agora póñense 25 máis a disposición da cidadanía interesada.
A POBRA LANZA UNHA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE CON 25 COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS Á DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA


