Co gallo do Día Internacional do Síndrome de Down, Alfonso Rueda inaugurou esta mañá a nova sede de Down Ourense na cidade.
Dende alí reivindicou o papel desta entidade na axuda a persoas con discapacidade. Agradeceu tamén ás familias o traballo constante asegurando que a Xunta estará sempre á súa disposición, sabendo que iso si, aínda queda moito por facer.

