Deportes

XORNADA DE DUELOS ESIXENTES PARA OS EQUIPOS DA TERCEIRA RFEF E DA PREFERENTE FUTGAL.

Semana dura para os equipos do Barbanza na Terceira RFEF. O partido máis complicado a priori xogarase en Barraña. O CD Boiro recibe aos líderes, a UD Ourense, que con 56 puntos ocupa a primeira posición a catro dos seus perseguidores. Suman os últimos cinco encontros por vitorias, polo que chegan nunha situación inmellorable no tramo decisivo de campionato.

Os de Tizón son agora décimo primeiros con 28 puntos, tres por enriba do descenso. O obxectivo da salvación parece cada semana máis preto, e para chegar a el deberán intentar superar aos cabezas de grupo. Conscientes da dureza do encontro, este domingo mesmo un empate sería bo resultado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.