Esta fin de semana disputouse unha nova xornada da Liga 3×3, nesta ocasión a competición trasladouse a Almansa onde se viviu unha intensa loita por facerse co triunfo. Un dos protagonistas foi o Groinn Sta Baia que unha vez máis amosou un gran nivel e se coou na final, aínda que nesta ocasión tampouco puido levarse a vitoria, triunfo que foi para Argos Bats.