O primeiro posto da Primeira División Galega Feminina segue ocupado unha semana máis polo EFM Concello de Boiro. Co triunfo por 4 a 2 ante o Victoria B suman tres novos puntos para manter o pulso co Orzán, rival que volveu sumar de tres ao non desputar a xornada correspondente ao encontro ante o Amistade.
O partido comezou de cara para as boirenses, que ao minuto doce xa sumaban dous tantos de diferencia, obra de Gabriela e Antía. O marcador mantívose ata o segundo tempo, cando no minuto 60 o Victoria recortou distancias cun gol en propia porta. A reacción non tardou en chegar e en dez minutos Antía anotou outros dous tantos para sentenciar o encontro e firmar o seu hat trick persoal.
Aínda que as santiaguesas foron quen de anotar outro gol, non lles serviu para remontar e os tres puntos quedaron en Boiro.
Con este triunfo, o EFM Concello de Boiro continúa na primeira posición con 62 puntos, mesmos que os seus competidores, o Orzán.