A mexilla en Muros goza dunha boa saúde inusual. As malas sensacións no resto do litoral galego non se trasladan a esta vila, onde a súa confraría está a ter bos rexistro nas capturas.
O certo é que non moitos profesionais traballan este bivalvo en Muros, o que facilita a labor a quen se dedica a el. Os prezos deste ano están tamén axudando, quedando aínda por diante dous ou tres meses de campaña.