Deportes

O ROTOGAL VOLVE A GAÑAR E RECUPERA O TERCEIRO POSTO DO GRUPO A DA DIVISIÓN DE PRATA

A Cachada vibrou un sábado máis co Boiro Voleibol que segue en liña ascendente e non dou opcións ao seu rival, o VP Madrid. Os locais afrontaban o duelo sabendo que o seu rival non ía poñer as cousas fáciles xa que está en plena loita por evitar o descenso e precisaba un triunfo para non descolgarse. Aínda que finalmente o encontro caería do lado boirense por un claro 3-0. Adrián Alves aproveitou para facer rotacións, dar descanso e tamén dar a oportunidade á canteira co debut de Mateo Dieste.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.