Feijóo expresa vontade negociadora para designar o experto que represente Galicia no debate dun novo modelo de financiamento e para elaborar unha Lei de impulso demográfico

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe, no Pleno da Cámara galega, a vontade negociadora do Executivo autonómico para, ao abeiro da Conferencia de Presidentes, designar o experto que represente Galicia no debate dun novo modelo de financiamento así como para elaborar unha Lei de impulso demográfico.
A tal fin, Feijóo avanzou que, no eido do financiamento, o conselleiro de Facenda se poñerá en contacto nos vindeiros días cos grupos parlamentarios para establecer un diálogo acerca do nome do experto máis adecuado para acometer esta tarefa.
En relación co reto demográfico, o responsable autonómico afirmou que segue en pé a oferta que el mesmo formulou a finais do mes pasado: a disposición de modificar o decreto que regula a composición do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica; un organismo que terá como principal cometido acadar un pacto político, social e económico que se traduza nunha lei galega de impulso demográfico co maior consenso posible.
Feijóo lembrou que neste observatorio xa están a Fegamp, os sindicatos, os empresarios, as universidades e expertos na materia, “e agora trátase de adaptalo para que se poidan incorporar os representantes dos grupos parlamentarios”, aseverou, subliñando que “sería bo que as propostas que poidamos pactar neste órgano fosen as que levásemos á estratexia nacional que os presidentes autonómicos acordamos ter aprobada neste 2017”.
Así mesmo, referiuse tamén ao acordo acadado o pasado martes para consolidar a Conferencia de Presidentes como un instrumento útil. Ao respecto, asegurou que o Goberno galego asume o compromiso de información e transparencia

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.