O dispositivo de teleasistencia no fogar axuda a un home de 93 anos en Rianxo a recibir socorro. Ás catro menos cuarto desta madrugada os Bombeiros de Boiro recibiron un aviso nesta localidade para auxiliar a un home que caíra na súa casa.
Foi este dispositivo o que axudou ao veciño de Rianxo a pedir auxilio. Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que entrar á vivenda dende o fogar contiguo.