Icono del sitio CanalBarbanza.com

NOIA ACOLLEU ESTA MAÑÁ A MÁIS DE 900 ESCOLARES NA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS DE XOGADE.

O municipal Julio Mato de Noia foi hoxe un fervedoiro de rapaces correndo para todos lados. A xornada de campo a través organizada por Xogade congregou no complexo deportivo a máis de 900 cativos de 63 centros galegos.

A xornada comezou ás once e media da mañá coa proba de benxamín feminino, e ademais desta categoría, correron os competidores en alevín, infantil e cadete masculino e feminino.

Unha proba que para os corredores e corredoras foi dura polo percorrido e pola actitude dalgúns dos seus opoñentes.

Salir de la versión móvil