Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO DE LOUSAME CONTINÚA CO SEU COMPROMISO DE MUDAR O CÉSPEDE DO CAMPO DE CABANETÁN.

O campo de Cabanetán, no concello de Lousame, segue sendo un quebradeiro de cabeza para o goberno municipal. As reclamacións do Lesende, equipo que ocupa a meirande parte da actividade das instalacións, continúa esixindo a remuda do céspede artificial.

Dende o executivo lousamiá aseguran traballar arreo para executar a obra, pero que deben atopar antes un medio de financiamento para tan importante investimento.

Salir de la versión móvil