Deportes

NOVA XORNADA NA TERCEIRA RFEF CON COMPLICADOS DUELOS PARA OS EQUIPOS DO BARBANZA

Nova proba de lume para o CF Noia na súa carreira por ingresar nos play off de ascenso. Esta fin de semana xogará a domicilio no feudo do Gran Peña. O Municipal de Barreiro acollerá un duelo máis igualado do que di a clasificación.

Malia que os vigueses suman só tres puntos dos últimos 15, distan só sete dos de Iván Carril. Os de Noia chegan ao encontro acumulando unha boa xeira de resultados, con oitos puntos dos últimos 15 e levando tres partidos consecutivos sen coñecer a derrota.

Unha vitoria en Vigo pode supoñer a entrada nos postos de fase de ascenso ou canto menos, igualar ao Arosa, equipo que marca o corte de ingreso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.