Icono del sitio CanalBarbanza.com

INÉS GÓMEZ OTERO GAÑA O VI PREMIO RAMIRO CARREGAL POR UN ESTUDO PUNTEIRO SOBRE INSUFICIENCIA MITRAL SEVERA!

O xurado do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía emitiu xa o fallo no que se dictamina o gañador desta sexta edición. Foi a investigadora Inés Gómez Otero quen resultou escollida entre todas as propostas como mellor proxecto.

O programa tratará de identificar precozmente pacientes con insuficiencia mitral severa que non respondan ao tratamento convencional. Buscaranse así estratexias terapéuticas máis avanzadas e personalizadas segundo as necesidades de cada individuo.

O estudo levarase a cabo no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e no Hospital La Fe de Valencia, e incluirá variables clínicas, analíticas e ecocardiográficas obtidas durante a hospitalización e o seguemento posterior.

O obxectivo do proxecto será achegar evidencia científica que fortaleza as guías clínicas no manexo da insuficiencia mitral severa, unha condición clínica prevalente con alta morbimortalidade e unhas implicacións pronósticas que aínda non foron suficientemente exploradas.

O premio entregarase nun acto solemne o vindeiro 22 de abril na capital galega.

Salir de la versión móvil