Todo está preparado para que Ribeira sexa a anfitrioa dunha nova edición da Gala da Vela Galega. Mañá 7 de marzo, a Real Federación Galega de Vela convoca aos mellores deportistas, clubs, técnicos, xuíces e institucións para celebrar a gran festa da vela coa entrega dos galardóns ás figuras máis destacadas da pasada temporada.