A Consellería do Mar investirá máis de 800 mil euros en dúas grandes intervencións no concello de Muros. A primeira será a reconstrución de 18 metros do peirao na dársena interior muradana cun orzamento de 361 mil euros.
Unha intervención que xa está licitada e agardando o momento de comezar. A outra será en Esteiro, mellorándose o acceso e uso da rampa portuaria, lugar onde abundan os accidentes polo deteriorado estado da zona.
O proxecto conta cun orzamento de 215 mil euros e espérase que nos vindeiros se dea luz verde á súa licitación.