Intensa tarde de fútbol a vivida o domingo en Vista Alegre. O EFM Concello de Boiro e o Umia víronse as caras para disputar o encontro correspondente á décimo sétima xornada, adiada pola borrasca Herminia en xaneiro. A emoción estivo servida sobre o verde e as locais tiveron que repoñerse dos golpes do Umia e sufrir para deixar o triunfo na casa.