Esta mañá déronse a coñecer os datos relativos ao paro ao peche do mes de febreiro e a cifra acadada en Galicia foi de 120.977 en desemprego, a máis baixa da serie histórica. A desocupación caeu na evolución anual un 7,36% e na mensual un 0,28%, unha redución superior á da media do Estado.
GALICIA GAÑOU CASE 17.000 AFILIACIÓNS NA COMPARATIVA ANUAL E REDUCE O PARO A UN RITMO MAIOR QUE O ESTATAL


