A Xunta destinará este ano 1,4 millóns de euros para apoiar concellos, protectoras e particulares no coidado de animais domésticos abandonados e fomentar a súa adopción. Triplica así o apoio neste eido para fomentar a acollida de mascotas.
Alfonso Rueda sinala así que actualmente hai moitos animais sen fogar que merecen uns coidados dignos. Reitera aí o compromiso da Xunta neste campo para seguir creando espazos seguros nas sete cidades e no resto de grandes vilas galegas.

