Icono del sitio CanalBarbanza.com

O ARONA CONQUISTOU A CACHADA ROMPENDO A BOA RACHA DO ROTOGAL

Había moita expectación nas gradas da Cachada e os afeccionados asistiron ao sábado a un encontro de alto nivel entre o Boiro Voleibol e o Arona Playa de los Cristianos, un encontro por estar en postos de promoción. O Rotogal chegaba no seu mellor estado de forma da temporada e quería repetir a fazaña da ida, na que dominou aos canarios, pero nesta ocasión os tinerfeños non deron pé a soñar e impuxeron a súa lei para vencer por 0-3, rachando a xeira de vitorias local.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil