Deportes

O CF NOIA SACA UN TRIUNFO DE OURO ANTE O SOMOZAS PARA ACHEGARSE Á FASE DE ASCENSO

Triunfo de mérito do Noia ante o Somozas no Julio Mato. Os de Iván Carril sacaron o mellor de si para remontar o encontro e sumar tres puntos que os achegan aos postos de promoción de ascenso.

O comezo do partido estivo marcado polos erros atrás dos locais, o que propiciou o gol do Somozas. Unha perda de Muíño en campo propio na minuto 7 deixou ao atacante rival só ante Chema, que nada puido facer para evitar que o balón entrara na meta.

O gol en contra fixo reaccionar ao Noia, que sacou o seu potencial en ataque a relucir. Nun saque de esquina Hugo García atopou o balón no centro da área para envialo ao fondo da rede cun potente remate de zurda aos 11 minutos de encontro.

O empate deu máis ánimos aos locais, e só dez minutos despois Piñeiro filtoru un gran balón para Muíño, que dende fóra da área, e tras un rebote nun defensor rival, culminou a remontada noiesa.

Con máis dunha hora de xogo por diante, o Noia non levantou o pé do acelerador e buscou ampliar a vantaxe no marcador. Piñeiro chegou a anotar o terceiro, pero o colexiado invaliduno por fóra de xogo.

O pitido final deixaba os tres puntos no Julio Mato para dar ás a un Noia que mantén a sexta posición e que con 36 puntos se sitúa a só tres do Arosa, equipo que marca o play off de ascenso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.