Esta fin de semana a troula está asegurada no Barbanza, Muros e Noia. O entroido protagonizará as actividades nas vindeiras xornadas nas que as rúas se tinguirán de cores e encheranse de disfraces, música e diversión. O Concello de Muros conta cunha ampla programación para festexar estas datas da mellor forma posible, actividades que comezan o 1 de marzo e estenderanse ata o día 7.