Logo de 20 venres de concentracións esta mañá os veciños de Aguiño xuntáronse na que ata o momento será a última. Cinco meses de loita despois, o centro de saúde da parroquia ribeirense conta con dous profesionais a tempo completo co que a plataforma veciñal desconvoca as mobilizacións que se veñen celebrando dende outubro.

