Ribeira

O TEATRO AFECCIONADO E OS MONÓLOGOS GAÑAN PROTAGONISMO EN RIBEIRA DURANTE O MES DE MARZO

O Auditorio de Ribeira acollerá durante o mes de marzo sesións de teatro afeccionado e dous monólogos. Os asistentes poderán desfrutar dos espectáculos de balde, tendo que retirar unha invitación media hora antes do comezo de cada función.

A programación cultural cárgase así de teatro co programa Marzo a Escena. A primeira actuación será da agrupación teatral Mariñán, coa obra Croquetas o 8 de marzo. Seguirana o Grupo de Teatro Airiños de Rianxo o sábado 15 con As vellas non deben namorarse.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.