Amicos culminou hoxe máis dun mes de preparativos para o Entroido. Os usuarios desfilaron ante un expectante público disfrazados baixo a temática da verbena galega.
Un circo, coches de choque ou touros mecánicos desfilaron para gañar os votos do xurado. Todas as atraccións estiveron representadas no evento con todo luxo de detalle. Os usuarios poñen así fin a máis dun mes de preparativos que son ademais a antesala a unhas pequenas vacacións.