Ribeira viu esta mañá como un safari percorría as súas rúas. Non foron animais de verdade, se non os alumnos do Colexio Galaxia, disfrazados todos eles nesta temática e cunha gran variedade de especies.
Os encargados de arrancar a comparsa foron os elefantes, impacientes dende o primeiro momento para poder botar a andar por toda a vila.