Icono del sitio CanalBarbanza.com

A OPOSICIÓN PUXO ESTA MAÑÁ SOBRE A MESA DIFERENTES CUESTIÓNS NO PARLAMENTO GALEGO

Esta mañá o Pazo do Hórreo acolleu unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia na que se desenvolveu a sesión de control ao Goberno autonómico. O primeiro en intervir foi o portavoz do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, quen afondou nun tema de actualidade: o financiamento. Besteiro falou de dous puntos concretos: as entregas a conta que pediu o presidente da Xunta e ás que votou en contra o PP nacional, e a condonación de parte da débeda da comunidade. Algo que rexeita o Executivo encabezado por Alfonso Rueda.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil