Deputación Da CoruñaMuros

A Deputación da Coruña aposta en Fitur por un turismo sostíble e de calidade

Un turismo sostible e de calidade é a principal aposta que a área de Turismo da Deputación da Coruña está a promover en Fitur, a Feira Internacional de Turismo, que se desenvolve en Madrid até o vindeiro día 22. O deputado responsábel da área, Xosé Regueira, constata un crecente interese polos distintos produtos turísticos da Coruña.

O interese do sector pola oferta presentada pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se está a desenvolver en Madrid queda á vista nos acordos e encontros profesionais que o deputado da área, Xosé Regueira, está a manter no marco do evento en que aposta por un turismo sostíbel e de calidade, que aproveite as moitas potencialidades naturais e culturais e contribúa á conservación do medio ambiente.

Tres camiños, o Inglés, o de Fisterra-Muxía e o de Santo André, protagonizaron o acto central no programa oficial de Fitur.
A gastronomía e territorio son dous dos principais eixos da promoción turística promovida pola Deputación da Coruña na aposta por un turismo sostíbel e de calidade con produtos como os propios camiños, a paisaxe ou o patrimonio.
A Área de Turismo da Deputación aproveita tamén a cita para a promoción dos seis xeodestinos de especial interese da provincia: «Rías Altas: Ferrolterra e Eume», «Rías Altas: A Coruña e As Mariñas», «Costa da Morte», «Terras de Santiago», «Rías Baixas: Ría de Muros e Noia» e «Rías Baixas: Ría de Arousa Norte».

https://www.youtube.com/watch?v=xzVUvijW24c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.