Icono del sitio CanalBarbanza.com

FRANCISCO CALO CONVÉRTESE EN ALCALDE DE OUTES GRAZAS AO APOIO DE TONO CAAMAÑO

O PP recupera a alcaldía de Outes cinco anos e medio despois logo de prosperar a moción de censura e o seu candidato, Francisco Calo, xa se fixo co bastón de mando. O salón de plenos outiense encheuse ante a alta expectación que despertou. A presidenta da mesa leu os motivos da moción de censura presentada polo PP e o edil Tono Caamaño, que concorreu ás eleccións baixo as siglas do PSOE.

Logo foi a quenda dos portavoces e o primeiro en intervir foi o candidato á alcaldía, o popular Francisco Calo. Quen enumerou as razóns que levaron ao seu grupo a liderar o cambio de goberno.

Salir de la versión móvil