Icono del sitio CanalBarbanza.com

AMICOS COMEZA PROXECTO AROUSA-LAB COA PRIMEIRA REUNIÓN DO COMITÉ.

O Centro de Atención Integral de Amicos acolleu hoxe a primeira reunión do Comité Social de Arousa Lab, un proxecto impulsado pola asociación e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Encádrase no proxecto matriz Atlantic Arctic Agora a nivel europeo, convertindo así a ría de Arousa en rexión asociada. Dende a Consellería do Mar aseguran así que escoitarán a todos os actores do lugar para fomentar así o desenvolvemento pesqueiro, marisqueiro e acuicultor.

Salir de la versión móvil