Icono del sitio CanalBarbanza.com

NOIA DÁ COMEZO Á SEMANA SAUDABLE CUNHA CATA DE QUEIXOS NO CENTRO OCUPACIONAL MISELA.

A alimentación equilibrada cobra protagonismo dende hoxe en Noia co comezo da Semana Saudable. Esta mañá foi o turno dos usuarios do centro ocupacional Misela, que desfrutaron dunha cata de queixos, aprendendo ademais sobre os beneficios deste alimento.

Coa colaboración de Galicia Calidade e o Concello de Noia, a catadora Salomé Bertoa ensinou aos seus alumnos hoxe como se debe escoller o queixo e, sobre todo, como se debe comer.

Salir de la versión móvil