A semana pasada o concello de Ribeira homenaxeou e rememorou a Trini Falcés, activista galega que loitou para conseguir dereitos LGBTI, sobre todo os das persoas trans, nunha época de represión como a franquista. Ademais de contar coa mostra “Relembrando a Trini”, o venres desenvolveuse no Lustres Rivas a presentación do libro “É mellor loitar que morrer de fame”, de Sergio Marey, biografía que editou xunto á Deputación da Coruña.