Icono del sitio CanalBarbanza.com

CHEGA O PARTIDO DO ANO NA TERCEIRA RFEF

Semana de derbi na Terceira RFEF. CD Boiro e CF Noia mediranse en Barraña na busca de tres puntos de vital importancia para ambos conxuntos.

Os máis necesitados dunha vitoria son a priori os de José Tizón, que con 21 puntos ocupan a décimo quinta posición. Avantaxan só un punto ao Atlético Arteixo, equipo que marca a relegación, e están só un por detrás de Villalonga e Viveiro. Un triunfo daría osíxeno a un Boiro necesitado de vitorias e boas sensacións despois de impoñerse a semana pasada precisamente ao Viveiro.

Dunha vitoria veñen tamén os xogadores do CF Noia, no seu caso por 2 a 0 ante Villalonga. Ocupan agora a sexta posición con 32 puntos, a catro do Arosa, equipo que marca a entrada no play off de ascenso. A semana pasada conseguiron romper a mala xeira de resultados neste 2025, e o domingo terán en fronte a un dos equipos da zona baixa da táboa. Os de Iván Carril son unha das revelacións do curso, e buscarán ante o CD Boiro manter as expectativas xeradas ata o momento.

Salir de la versión móvil