O Concelleiro de servizos sociais de A Pobra Miguel Alamancos fixo balance esta mañá dos beneficios aportados ás familias do municipio grazas ó programa de emerxencia social posto en marcha polo equipo de goberno de Nos Pobra. Tratase dunha batería de axudas aprobadas o pasado ano en pleno, e que contan cun orzamento de 15,000 euros.
Grazas a esta partida puideron entregarse lotes de nadal a 17 familias, agasallos de reis a 22 menores, participación gratuíta nos campamentos de conciliación para 12 rapaces. Xa foron tramitadas 6 axudas en emerxencia social, e en tramite están agora 3 mais. En total foron invertidos 10.400 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=Li4Xq1LbW9Q




