Trátase dunha actuación realizada pola Deputación da Coruña e moi agardada polos veciños e veciñas desta vila. A obra mellorará a seguridade para os peóns que atravesan esta estrada.
O alcalde de Rianxo Adolfo Muíños valorou moi positivamente a reanudación desta actuación, que levaba varios meses paralizada.
En Rianxo están tamén pendentes dunha fonte que se atopa ubicada na zona, agardando que ó remate das obras quede nas mellores condicións.
https://www.youtube.com/watch?v=UAzZknNQtTU