A Xunta convocará en febreiro as axudas para incorporación de mozos á actividade agraria e para modernización de explotacións a través de plans de mellora. Ademais, incrementará o seu importe, que pasará de 60 a 65 millóns de euros. Así o anunciou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, tras a xuntanza do Plan de fortalecemento do lácteo que impulsa a Xunta en colaboración cos diferentes axentes galegos da cadea de valor do leite.
https://www.youtube.com/watch?v=PKnvn8Xb44o