O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou hoxe o compromiso da Xunta para que todos os concellos galegos conten cun planeamento urbanístico actualizado.

Durante o acto de sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Mos, Feijóo avogou por un urbanismo con principios, ordenado, transparente e fundamental para dar seguridade, riqueza e benestar aos cidadáns. Fijoo destacou que aprobaron unha nova Lei do solo”, incidindo en que o novo texto garante que os concellos poidan dispoñer dun planeamento urbanístico ao recoller a creación dun Plan básico autonómico, para ordenar os 33.000 núcleos de poboación que existen en Galicia.
Así mesmo, o documento establece a figura dos plans básicos municipais, aos que poderán recorrer os concellos de menos de 5.000 habitantes sen planeamento e axiliza os tempos da tramitación dos informes que son necesarios para a elaboración do Plan xeral de ordenación urbana.

https://www.youtube.com/watch?v=ek0LwaD_Sb4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.