Icono del sitio CanalBarbanza.com

A MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA PRESENTA SUXESTIÓNS AO NOVO CONCURSO DE TRANSPORTE PÚBLICO

Conectar Ribeira con Santiago en autobús en pouco máis dunha hora. Ese é o obxectivo da Mancomunidade Barbanza Arousa, que vén de presentar as súas propostas ao novo concurso de transporte público.

A liña principal de transporte público tería saída en Ribeira e fin en Santiago, discorrendo a través da Autovía do Barbanza e realizando unha única parada por municipio. Con isto espérase reducir o tempo da viaxe ata un máximo dunha hora e cuarto.

Salir de la versión móvil