Noia volve acoller unha nova andaina, organizada outra vez polo Club Trabandainas. Será o domingo 23 e contará con dúas modalidades, unha de 15 quilómetros e outra de 25.
Dende o club animan a tódolos veciños de Noia e a contorna a participar na xornada.