O Boiro Voleibol está abonado aos triunfos neste 2025. O conxunto dirixido por Adrián Alves non só vence, se non que convence grazas a un xogo atractivo e eficaz que engancha e que levanta aos afeccionados dos seus asentos. Este sábado os boirenses fixeron as delicias dos seus seguidores ao impoñerse con claridade e seriedade ao Sporting Soria, que asistiron a un novo espectáculo do Rotogal que se levou o duelo por un claro 3-0.