Vitoria fundamental para achegarse ao obxectivo da permanencia. O Noia Portus Apostoli fixo os deberes lonxe da casa para impoñerse na pista do Tudelano Ribera Navarra e abandonar o descenso, onde permanecían dende a xornada 4. O conxunto adestrado por David Palmas enfrontábase a un rival directo pola permanencia e gañaron o pulso nun encontro que lonxe o que agardaba o técnico do Noia, púxose de cara para os brancos dende o inicio e no que acabaron gañando por 0-3.