Pleno de vitorias do Barbanza na Terceira RFEF. Boiro e Noia sumaron un novo triunfo que lles permite coller aire unha semana máis.
A máis destacada foi a vitoria do CD Boiro, que lle permite saír do descenso. O 4-42 proposto por José Tizón permitiulle sumar de tres por primeira vez no banco boirense, grazas ao 0 a 1 colleitado en Viveiro.
O gol non tardou en chegar. Non se cumprira aínda o primeiro minuto de xogo e Yago García enviaba ao fondo da rede un balón a medida peinado por Sylla. O resto do primeiro tempo foi para o Boiro, que contou con ocasións para aumentar a diferencia.
Na segunda metade o Viveiro veuse arriba e chegou varias veces á portería de Borja Rey, pero non foi capaz de igualar o marcador.
A vitoria deixa ao CD Boiro como décimo quinto clasificado grazas aos tres puntos e á derrota do Atlético Arteixo.