Axentes da Garda Civil esclareceron unha serie de delitos vencellados ao roubo de cable de cobre na comarca de Noia. A investigación iniciouse o pasado 14 de xaneiro cando os efectivos do Posto de Noia incautaron un vehículo particular no lugar de Testal, en Noia, e no seu interior atoparon 180 kilos de cable telefónico de cobre presuntamente subtraído.
A GARDA CIVIL DETIVO A CINCO PERSOAS EN NOIA POR UN DELITO CONTINUADO DE ROUBO DE CABLE TELEFÓNICO DE COBRE


