Os mariñeiros do atuneiro que atracou onte no porto da Pobra atopaban esta mañá o corpo sen vida dun home orixinario, segundo parece, da Costa de Marfil, lugar este, de onde prodecía o barco. O buque de nome Montelape, ten bandeira de El Salvador. O home foi atopado na zona de proa, onda as cadeas da áncora. Á unha e media da tarde o corpo do home era trasladado a Santiago para practicarlle a autopsia.
https://www.youtube.com/watch?v=NsS4e8yx2qg