O queixo de primeira calidade chegará a Noia da man da Semana Saudable. Entre os días 24 e 28 deste mes os alumnos de diferentes centros educativos e os integrantes das asociacións Misela e A Creba Saúde Mental desfrutarán dunha cata de queixos de DOP.
Trátase dunha iniciatia pioneira que se impartirá noutros concellos e coa que se pretende ensinar aos cativos o proceso de elaboración do queixo.

