Estamos acostumados a que as fontes vertan auga, pero poucas veces a que a retirada dunha fonte verta tantas discrepancias, como as que se están a producir estes días entre os veciños de Porto do Son e o Concello. Os veciños protestan estes dias pola retirada dunha fonte de pedra, que data de 1990, e estaba ubicada a carón da escola infantil. A Fonte en cuestón foi retirada ó realizarse a obra de urbanización do entorno da escola infantil e ludoteca de Porto do Son, e ante as críticas, o alcalde, Luis Oujo, decidiu realizar unha xuntanza na casa de cultura para explicar a situación.
https://www.youtube.com/watch?v=j7rWQ-8q8Io