Recentemente profesionais do sector do mar mantiveron unha xuntanza con representantes do Instituto Social da Mariña, ISM. No encontro o presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, puxo en coñecemento do departamento diferentes demandas dos traballadores do mar de Galicia.