Esta mañá o pazo do Hórreo acolleu unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, nesta ocasión foi a quenda da sesión de control na que houbo diferentes temas que se puxeron sobre a mesa. Como vén sendo habitual o portavoz do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, foi o primeiro en tomar a palabra para preguntarlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a situación actual do acceso aos dereitos en Galicia, especialmente nas poboacións con maiores dificultades. O socialista afirmou que unha das funcións máis importantes dos políticos é avanzar na conquista dos dereitos, fortalecelos e amplialos.
SESIÓN DE CONTROL NO PARLAMENTO GALEGO


